A Estrada acolle a II Expo BAE de Bonsáis durante a Festa do Salmón 2025

A beleza e a natureza foron protagonistas coa celebración da II Expo BAE – Exposición Bonsái A Estrada. O evento tuvo lugar na Sala Abanca da localidade pontevedresa durante os días 16, 17 e 18 de maio de 2025, coincidindo coa tradicional Festa do Salmón, creando así unha atractiva oferta cultural e de ocio para veciños e visitantes.

A inauguración da exposición tuvo lugar o venres 16 de maio ás 18:30, poñendo o broche de ouro á xornada co peche ás 21:00. Os amantes do bonsái tuveron a oportunidade de visitar a mostra en horario de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 o sábado 17, e de 11:00 a 14:00 o domingo 18.

Un dos puntos destacados da Expo BAE foron as demostracións a cargo de expertos bonsaistas. O recoñecido Juan Liñares deleitó ao público coa súa arte o sábado 17, en horario de mañán e tarde. O domingo 18, foi a quenda de Juan Mª Calvo, quen tamén ofreció demostracións en horario de mañán, culminando a exposición co peche e a entrega de premios ás 19:00.

Este evento estivo organizado pola Asociación cultural Bonsái A Estrada, que conta cun local social en Baloira e pon a disposición dos interesados os números de teléfono 649888435 e 665806022, así como o correo electrónico bonsaiaestrada@gmail.com e as suas redes sociais para máis información.

A II Expo BAE conta coa colaboración do Excmo. Concello da Estrada, Radio Estrada, KINGII.es, BAMARTI e Agro Hipergarden A Estrada, o que subliña o apoio da comunidade e diversas entidades a esta iniciativa cultural.

Foi unha oportunidade de sumerxirse no fascinante mundo do bonsái nun marco incomparable como a Festa do Salmón da Estrada. Unha experiencia que combina arte, natureza e tradición nun só lugar.

Demostraciones:

Bonsais en exposición

Video da exposición

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio