XV Congreso Galego do Bonsái

A localidade coruñesa de Bembibre acolleu o XV Congreso Galego do Bonsái, cunha exposición na que se deron cita creadores de bonsáis galegos e doutros puntos de España e Portugal. Alberto Baleato, organizador do evento, regresou á localidade onde ten o seu viveiro, Kingii, despois de dúas edicións celebradas na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela. A exposición celebrouse os días 11 e 12 de outubro de 2025. O pavillón de deportes de Bembibre acolleu case un centenar de bonsáis e, ademais, celebráronse obradoiros dirixidos por Pablo Comesaña, David Ruiz e Germán Colmenares. Tamén houbo un concurso de novos talentos. A Asociación Bonsái A Estrada puido expoñer, nun lugar á parte, unha mostra de árbores dos seus socios.

Vídeo da exposición de bonsáis de Bembibre

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Scroll ao inicio